Ceos Galegos

Este es nuestro prequeño homenaje al proyecto Ceos Galegos que recientemente ha entregado sus premios y que tenemos la suerte de poder ofreceros en nuestra tienda https://meidingalicia.es/product/ceos-galegos-calendario-ceos-galegos-2019 como ya os indicamos anteriormente por la compra del calendario recibiréis de regalo una tableta de turrón de chocolate Hecho en Galicia.

Este é a nosa homenaxe ao proxecto Ceos Galegos que recentemente entregou os seus premios e que temos a sorte de poder ofrecervos na nosa tenda https://meidingalicia.es/product/ceos-galegos-calendario-ceos-galegos-2019 como xa vos indicamos anteriormente pola compra do calendario recibiredes de agasallo unha tableta de turrón de chocolate Feito en Galicia. 

Estrelas,
curmás da lúa chea.
Ceos sen anxos
nin po de ás de bolboreta.
En estado puro
coma se alguén lle pintase
á noite un sorriso de boneca.

Faros,
irmáns terrestres das estrelas.
Sinais para barcos,
medicina para as pedras.
Quedo, mirando mudo
coma se alguén lle fixese
aos meus ollos un feitizo de meigas.

Ceos,
pais inertes da beleza.
Versos de mil poemarios
inspirados na sinxela natureza.
O teito do mundo
coma se alguén cubrise
os soños cun chapeu de estrelas.

Poesía: Amor-Odio

Adicado aos mariñeiros. D.E.P.

Amor-Odio

Quéroche mar;
pero ás veces ódioche.
Ódioche cando
lle quitas a vida aos teus fillos.
Cando deixas orfos e viúvas
chorando desconsolados.
Malditas as túas ondas,
malditas as rocas que parten cascos,
maldito o silencio
dos que arrastra a corrente
despois de afogalos.

Quéroche mar;
pero ás veces ódioche.
Ódioche cando es
mar de bágoas nos meus ollos
tinguíndome o iris azul
co sangue dos náufragos.
Malditas as túas costas,
malditas as tormentas que afunden barcos,
maldito o medo
co que viven os parentes
dos que están embarcados.

Quéroche mar;
pero ás veces ódioche.

Poesía: Frustración.

Espida praia de outono,
foto dunha serea decadente,
silencio pérfido e angustioso,
agarimo dunha muller distante.

Frío como o vento tolo
que me corta a fronte,
sábeme a moi pouco
compartila con outra xente.

Agora míroche e choro,
non son eu o que mente,
son os teus ollos nun marco roto
os que me miran indiferente.

Respiro profundo,
nado ao contraxeito,
pénsoche cada segundo,
síntome impotente.