Ceos Galegos

Este es nuestro prequeño homenaje al proyecto Ceos Galegos que recientemente ha entregado sus premios y que tenemos la suerte de poder ofreceros en nuestra tienda https://meidingalicia.es/product/ceos-galegos-calendario-ceos-galegos-2019 como ya os indicamos anteriormente por la compra del calendario recibiréis de regalo una tableta de turrón de chocolate Hecho en Galicia.

Este é a nosa homenaxe ao proxecto Ceos Galegos que recentemente entregou os seus premios e que temos a sorte de poder ofrecervos na nosa tenda https://meidingalicia.es/product/ceos-galegos-calendario-ceos-galegos-2019 como xa vos indicamos anteriormente pola compra do calendario recibiredes de agasallo unha tableta de turrón de chocolate Feito en Galicia. 

Estrelas,
curmás da lúa chea.
Ceos sen anxos
nin po de ás de bolboreta.
En estado puro
coma se alguén lle pintase
á noite un sorriso de boneca.

Faros,
irmáns terrestres das estrelas.
Sinais para barcos,
medicina para as pedras.
Quedo, mirando mudo
coma se alguén lle fixese
aos meus ollos un feitizo de meigas.

Ceos,
pais inertes da beleza.
Versos de mil poemarios
inspirados na sinxela natureza.
O teito do mundo
coma se alguén cubrise
os soños cun chapeu de estrelas.

Poesía: Frustración.

Espida praia de outono,
foto dunha serea decadente,
silencio pérfido e angustioso,
agarimo dunha muller distante.

Frío como o vento tolo
que me corta a fronte,
sábeme a moi pouco
compartila con outra xente.

Agora míroche e choro,
non son eu o que mente,
son os teus ollos nun marco roto
os que me miran indiferente.

Respiro profundo,
nado ao contraxeito,
pénsoche cada segundo,
síntome impotente.

Iridium e a Comunicación.

Permitídeme que escriba este post en galego e que llo dedique ao gran Toni Cantó.

Cada vez temos ao noso alcance máis medios de comunicación, máis ferramentas para que un emisor e un receptor poidan interactuar bidireccionalmente. O problema é que canto máis facilidades hai para comunicarse máis dificultade temos para entendernos.
Conseguir entender aos adolescentes é tarefa farto difícil para pais, profesores e monitores deportivos; quizais sexa un dos grandes retos ao que nos enfrontamos quenes temos que desempeñar eses roles.
Por que falla a comunicación? Pois entre outras causas, principalmente porque adoitamos prexulgar, porque utilizamos difentes niveis sinfásicos de comunicación, porque non escoitamos a mensaxe enteira que nos queren transmitir ou porque non atendemos á comunicación non verbal. Noutras palabras: porque non escoitamos, mal interpretamos, facemos xuízos de valor e non utilizamos o mesmo linguaxe.
Logo, o correcto será poñerse no lugar do emisor, empatizar con el e escoitalo atentamente antes de responder. Parece fácil pero asegúrovos que é moi difícil, o que se vén chamando “a difícil sinxeleza da comunicación”.
Esta semana terminei de ler o novo libro de Francisco Castro, ” Iridium”. Confésovos que o lin tres veces e en cada unha das lecturas descubrín cousas novas, matices diferentes dunha obra que me sorprendeu non só polo final inesperado, senón pola preciosa aínda que tráxica historia; pero o que máis me gustou é a complexidade e profundidade dos personaxes.

Iridium 2
Iridium xoga coa utilización das diferentes linguaxes que manexan cada un dos protagonistas, dependendo da idade ou do seu rol, con distintas ferramentas de comunicación actuais (como o Wahts App ou o correo electrónico) e outras máis tradicionais: coma os diálogos e as narracións en primeira persoa. Sempre cun estilo sinxelo, directo, de frases curtas que din moito, que encerran tras de si unha prolongación do sútil mensaxe que che deixa pensando.
Estou seguro que polo estilo narrativo e polo argumento conseguirá enganchar ao público novo, pero creo que os pais con fillos adolescentes serán os grandes beneficiados ao ler este libro. Francisco Castro apuntaba a que non se poden escribir libros de mozos sen falar de Redes Sociais, estou totalmente de acordo con iso, debido a que non se pode concibir a vida dun adolescente sen elas, é o seu “modus vivendi” e “modus operandi”, a interacción social (social life). Neste caso Instagram é o medio que pon en contacto á protagonista co resto do mundo, donde ten unha morea de seguidores que descoñecen a súa realidade, as secuelas do seu accidente que non poden ser vistas nas publicacións que fai. Unha denuncia sobre o valor da imaxe e as apariencias, amosa o camiño cara a integración e a normalización das persoas con discapacidade.
Se é difícil comunicarse e entender a un adolescente, imaxinarvos o difícil que pode ser entender a unha con discapacidade recentemente adquirida. Francisco Castro plasma dunha maneira sublime os sentimentos, as dúbidas, as preocupacións, os medos, as necesidades, os cambios na vida… aos que ten que facer fronte a protagonista. Cando lle felicitaba ao autor por plasmar con tanta fidelidade a realidade destas persoas apuntou algo que é chave cando se trata unha situación que un non viviu, cando non hai ese coñecemento persoal o que hai que facer é “documentarse moito”. Iris entre a broma e a protesta plasma fielmente a realidade dunha historia persoal, o relato dunha adolescente que tiña un plan de vida e ten que mudalo.
Comentabamos tamén que do mesmo xeito que outro dos seus libros, “Chamádeme Sinbad” (a min serviume de moita axuda para entender e racionalizar unha nova situación na miña familia) deberían de ser prescritas por psicólogos para axudar aos pais de adolescentes con discapacidade adquirida a entender mellor aos seus fillos, pode ser unha ferramenta que ben utilizada permitiralles aceptar a nova situación, mellorar a calidade de vida e ter unha maior efectividade na comunicación. En resume, Iridium é unha obra que lle recomendaría ler aos familiares de persoas con dano cerebral.
O propio título ” Iridium” é un xogo moi divertido. Por unha banda, Iridium é unha constelación de 66 satélites de comunicación que viran ao redor da terra, foi ideado por Motorola e supuxo un gran avance e desafío tecnolóxico; o nome é tomado do Iridio que ten como número atómico 77 que era o número de satélites previstos inicialmente. E doutra banda, é unha anomalía nos ollos ( heterochromia Iridum) que fai que existan persoas cun iris de cada cor, como a nosa protagonista. Así que, conxúganse dous factores craves nesta obra: a tecnoloxía e o elemento diferenciador que a une ao uso da tecnoloxía.
Creo que se vos conto máis terminarei facendo “spoiler”, simplemente recomendarvos este libro, moi fácil e divertido de ler. Onde o amor, o sexo, a adolescencia, a discapacidade, as relacións persoais, os retos, os problemas, o colexio, as redes sociais, a familia, os amigos… mestúranse para facer un cóctel que non vos deixará indiferentes.